3ª Edición

A 3ª Edición do Seminario de Comunicación Deportiva trocou de formato e pasou a celebrarse nunha única xornada que tivo lugar o 16 de maio de 2014. O obxectivo desta terceira cita foi analizar os modos e maneiras de transmisión da información deportiva e dos valores á audiencia.

Participaron persoeiros como Axel Torres (Gol TV, Planeta Axel, Radio Marca), Toni López (Radio Galega), Marcos Fernández (xefe de prensa do C. B. Breogán), Miguel Fernández (Director Xeral e responsable de comunicación do Santiago Futsal), Jesús Penelas (xornalista CEO de futbollucense.com) ou Roi Rodríguez (xornalista fundador de Compostimes.com e colaborador da revista Kaiser).

 

This slideshow requires JavaScript.