O Seminario

O Seminario de Comunicación Deportiva nace como idea no seo de Aurea 5, empresa dedicada á innovación en xestión deportiva e preocupada polo ámbito da formación especializada no deporte. A colaboración da Universidade de Santiago de Compostela é clave no desenvolvemento destes seminarios que van xa pola súa terceira edición e que se afianzou coma un dos referentes no panorama académico no ámbito da información deportiva de Galicia. Aurea 5 e a USC preparan a conciencia cada unha das edicións para afondar na necesaria análise da transmisión de valores que dende o ámbito informativo deportivo se realiza de cara a unhas audiencias que (tal e como demostran os datos de consumo de contidos) son ávidas buscadoras e consumidoras deste tipo de información.

 

Logo Aurea5logo_ux